Amosando publicacións coa etiqueta Competencia matemática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia matemática. Amosar todas as publicacións

07/05/26

Desafío CanSat

Este curso académico, o alumnado de 5º participou no desafío CanSat. É unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) que reta o alumnado de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. 

Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para o alumnado é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite (xerador de enerxía, sensores e sistema de comunicación) dentro deste espazo tan reducido. Ademais, cómpre sempre deseñar un sistema de descenso en forma de paracaídas.

Na fase rexional en Galicia, o CanSat elévase dentro dun dron, dentro dun habitáculo específico xunto aos CanSats doutros equipos, sendo liberado en altitude para comezar a misión primaria. Na rápida caída realízase un experimento científico, analizando posteriormente os datos de presión e temperatura e humidade recompilados.

Aquí vos deixamos un video resumo de todo o traballo realizado.

Parabéns polo excelente traballo!


09/11/22

DigiCraft no teu cole. Placas Makey Makey na aula de 2º de primaria

 

Na aula de 2º retomamos o traballo iniciado no curso anterior dentro do proxecto DigiCraft no teu cole. Fixemos un xilófono con cartolina e papel de alumnio para conectalo ás placas Makey Makey e así crear son ao escanear un código QR e abrir un programa creado con Scratch. 

Gustounos moito!


05/05/22

Linguaxe de programación en 3º e 4º de primaria

 Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.

Estivo moi divertido!




31/03/22

Mellora do recuncho Maker na biblioteca do cole

 A nosa biblioteca acaba de adquirir, para o seu recuncho maker, uns cantos xogos de mesa e xogos interactivos relacionados coa linguaxe básica de programación e a codificación.

Hoxe, os nenos e nenas de 3º, estivemos aprendendo con eles e.... encantáronnos!


Tamén adquirimos outros de conteo, numeración, suma, resta, resolución de problemas.... para a competencia matemática e outros relacionados coa fonética, a formación de palabras, alfabetización temperá, prelectura...para traballar e mellorar a competencia lingüística.

DigiCraft no teu cole. Pirámide holográfica en 1º de primaria

 Na aula de 1º descubrimos o que é unha pirámide holográfica e cómo se utiliza. Proxectamos unha imaxe na pantalla (neste caso de Diodi) á que lle programamos movementos e puxemos disfraces a través da aplicación Scratch, para logo colocarlle a pirámide enriba e ver cómo a proxectaba en 3D no aire.

Encantounos!






11/03/22

10/02/22

Matemáticas e Escornabot na aula de 3º de primaria

 

Que ben que o pasamos xogando cos escornabots, no que plantexamos distintas operacións matemáticas!




14/01/22

DIGICRAFT NO TEU COLE. ZOWI NA AULA DE 2º DE PRIMARIA

Traballamos as matemáticas e a expresión corporal usando a zowi como un dado. Tocándolle na cabeza cun golpe suave, zowi dábanos un número co que avanzábamos no taboleiro logo de superar unha proba que nos pedía a tarxeta que levantavamos.
Pasámolo moi ben!

29/11/21

4º DE PRIMARIA AMOSA OS SEUS EXPERIMENTOS NA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA

 Os nenos e nenas de 4º convertéronse o pasado venres en científicos para amosarnos os seus experimentos e conmemorar así o día da Ciencia, dedicado este ano a Jimena Fernández de la Vega. Tamén estudaron sobre Elena García Armada

Aquí deixamos unha proba do ben que o fixeron. Desde o cole queremos darvos os parabéns polo bo traballo que fixéchedes todos e todas e tamén agradecemos ás familias a súa colaboración neste traballo.

PRESENTACIÓN.


EXPERIMENTO DE ASIER, TOMÉ, MARTÍN E JULEN


EXPERIMENTO DE NORA, ALEJANDRA E ELA


EXPERIMENTO DE EVELYN E DANIELLA VARELA


EXPERIMENTO DE BREOGÁN E IAGO


EXPERIMENTO DE MAR, ADRIANA, IRENE E XIANA


EXPERIMENTO DE NADIA, KARLA E AITANA


EXPERIMENTO DE BRUNO E MARTÍN


EXPERIMENTO DE AIXA E ÁNGELA


EXPERIMENTO DE DANIELLA CALVAR E NOELIA