Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Creativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Creativa. Amosar todas as publicacións

31/03/22

Mellora do recuncho Maker na biblioteca do cole

 A nosa biblioteca acaba de adquirir, para o seu recuncho maker, uns cantos xogos de mesa e xogos interactivos relacionados coa linguaxe básica de programación e a codificación.

Hoxe, os nenos e nenas de 3º, estivemos aprendendo con eles e.... encantáronnos!


Tamén adquirimos outros de conteo, numeración, suma, resta, resolución de problemas.... para a competencia matemática e outros relacionados coa fonética, a formación de palabras, alfabetización temperá, prelectura...para traballar e mellorar a competencia lingüística.

19/02/20

A NOSA IMPRESORA 3D NA BIBLIOTECA


Dentro do proxecto Biblioteca Creativa está contemplada a impresora 3D, a cal xa temos no noso centro. Estamos encantados con ela!!!





07/11/18

Biblioteca Creativa

Este curso, o noso centro foi seleccionado para participar no proxecto de Biblioteca Creativa, Escornabot. Para desenvolver dito proxecto, temos no cole 4 escornabots que fomos montando co alumnado de 5º de primaria, 6º de primaria e tamén no claustro de mestras.
Deixamos un titorial feito por nós, por se nalgún momento o precisamos para a montaxe e soldadura dun futuro escornabot.