Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións Interactivas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións Interactivas. Amosar todas as publicacións

01/06/17

ABRIMOS A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES

A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
VIDE DESCUBRIR OS CONTIDOS EN REALIDADE AUMENTADA QUE AGOCHA A EXPOSICIÓN. 
ESPERAMOS A VOSA VISITA!!!


HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.



Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.





27/05/17

Código QR para descargar a aplicación Aurasma

A TRAVÉS DO SEGUINTE CÓDIGO QR, PODEMOS ACCEDER A TODA INFORMACIÓN SOBRE COMO DESCARGAR, INSTALAR E UTILIZAR A APLICACIÓN AURASMA PARA VISITAR A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.


26/05/17

EXPOSICIÓN CARLOS CASARES. LETRAS GALEGAS 2017

ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.

SE QUEREDES VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".

AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA DO CURSO PASADO PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID


Tamén vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 6º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva.


27/05/16

Abrimos a exposición interactiva. Non a perdades!

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016 "MANUEL MARÍA"
A partires desta tarde, queda aberta ao público a Exposición Interactiva sobre Manuel María feita por todo o alumnado
E necesario instalar a aplicación AURASMA para poder acceder aos contidos interactivos (aquí vos deixamos un titorial sobre como facelo http://colexioquintela.blogspot.com.es/…/exposicion-interac… )
Non esquezades de FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Na entrada do cole, tedes algúns consellos prácticos máis!
En caso de non poder acceder cos dispositivos móbiles, falade co profesorado de garda, para que vos presten algunha das  tablet do cole.
Podedes vir de 9h a 10h e de 15:30h a 17:00h. ⏰

MOITAS GRAZAS!

11/05/16

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016

ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE MANUEL MARÍA, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.

SE QUEREDER VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".

AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID