20/12/17

Celebración do Nadal

Este xoves, día 21, celebramos o Día do Nadal no colexio. O alumnado de 3º de primaria elaborou estes fermosos carteis para que estemos ben informados do que vai acontecer. Agardamos moi emocionados a chegada dos Reis Magos!!!





18/12/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA, A MÚSICA QUE SOA É:

CD O QUIQUIRIQUÍ: "DA ROSA ROSIÑA"

13/12/17

Premio ao proxecto "Día da ciencia en galego"

Estamos de noraboa!!
A asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar a resolución do IV Concurso de traballos por proxectos correspondente ao curso 2016-2017.
 O CEIP Quintela  de Moaña foi premiado polo proxecto "Día da ciencia en 4º curso", feito que nos reconforta polo recoñecemento ao traballo por competencias e ao traballo desenvolvido a prol da divulgación da Ciencia en galego.
Os nosos e as nosas investigadoras compartiron con todo o cole as súas investigacións e agora veñen de ser recoñecidos no seu labor. Foi o produto final de parte da materia "Aprender a investigar", a materia de libre configuración elixida no noso centro.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!

08/12/17

05/12/17

Meteoquintela en sexto de Infantil

Os nenos e nenas de sexto de infantil recompilan todos os días os datos que recollen os compañeiros de sexto de primaria da nosa caseta metereolóxica:

04/12/17

27/11/17

Ao cole en bici

Algúns nenos de sexto animáronse a vir en bicicleta na semana da serpe. Bravo!!!

Segunda semana

Estamos empezando a segunda semana do xogo da serpe.
Quen gañará?

MÚSICA ENTRADA-SAÍDA

ESTA SEMANA:

ROZABÉN CON ESTOPA: "VIVIR"

20/11/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA SOARÁ:

THE BEATTLES: "SHE LOVE YOU"

17/11/17

Aquí está o xogo da serpe de novo

Queridas familias:

 Este curso volvemos a participar de novo no programa educativos educativo da Unión Europea "o xogo da serpe".
Como recordaredes é unha campaña dirixida a estudantes de primaria que promove formas de mobilidade sostible.
A campaña ten unha duración de dúas semanas, e comenza o próximo luns. O obxectivo é incrementar a porcentaxe de alumnado que acude andando ou en coche compartido ao cole, e diminuíndo polo tanto o volume de coches que circulan nos arredores da escola.
 Cada día da campaña rexistraremos os datos de cada aula, obtendo un punto por cada neno ou nena que veña andando ou en coche compartido.
No mural situado na entrada do cole veremos como vai avanzando cada grupo. Pedímosvos a vosa axuda para alcanzar a nosa meta, que é incrementar nun 20% a cantidade de nenos e nenas que acceden a escola andando ou en coche compartido.
Como novidade, esta ano o alumnado de sexto tamén poderá acudir ao cole en bicicleta, sempre con casco. Por este motivo instalamos dentro do recinto escolar un aparcadoiro para bicis.
Grazas pola vosa colaboración!

15/11/17

Celebramos o Día da Ciencia 2017

Este venres, día 17, celebramos no colexio o Día da Ciencia. Os nenos e nenas de 4º de primaria elaboraron estes carteis fermosísimos para anunciarnos os experimentos que nos teñen preparados.



13/11/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

PARA ESTA SEMNA TEMOS:

RONDO VENEZIANO: "CECILIA"

09/11/17

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Onte, celebramos no cole o magosto. Practicamos diferentes xogos populares e tradicionais, comemos as castañas e tamén tivemos tempo de pintarnos as caras...
Desde o cole, queremos dar as grazas aos pais e nais que colaboraron asando as castañas!

 

06/11/17

Datos de Meteoquintela do mes de outubro

 Este curso seguimos co proxecto Meteoquintela . No proxecto participan todos os nenos e nenas do cole.Día a día expoñemos os datos recompilados, e ao rematar o mes `cada nivel presenta o seu traballo en base aos datos recompiladosl
Estes son os datos d
o mes de outubro:

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA:

PLASTIC BERTRAN: "ASTERIX EST LA"

05/11/17

Carteis anunciando o Magosto

Chega o Magosto ao Colexio de Quintela!! 
Os nenos e nenas de 6º de Primaria queren anunciarnos esta celebración con estes fermosos carteis.




03/11/17

Samaín 2017

Un ano máis os nosos corredores quedaron espectaculares coas cabazas aportadas polas familias do alumnado. Queremos amosar o noso agradecemento pola súa participación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

02/11/17

Axudamos

O venres fomos ver un concerto de Susa Herrera no auditorio Daniel Castelao.
Como era a primeira saída do cole das tartarugas do cole, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria leváronos da man, para ensinarlles como hai que ir pola beirarrúa.
Encántoulles e fixéronno moi ben:

01/11/17

Deseñando bicis


Na clase de matemáticas deseñamos bicis como a de Delio Fernández. Para facelas solo podíamos usar escuadra, cartabón e compás. Gustounos moito facelas, e quedaron moi chulas!


30/10/17

Delio Fernández no cole

Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistaron a Delio Fernández. Levaban varios días preparando a entrevista, e tiñan moita ilusión.
 Encantoulles velo chegar na bicicleta, e recibíronno cun gran aplauso.
Os  compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA DE TERROR....

MAMÁ CABRA: "SAMAÍN"

23/10/17

16/10/17

Meteoquintela

Estes son os datos deste fin de semana recollidos na estación meteorolóxica polo noso alumnado de sexto de Primaria.

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA SOA:

RONDO VENEZIANO: "ACCADEMIA"

10/10/17

Xogamos co paracaídas nas primeiras sesións de Educación Física

Estos primeiros días de clase no ximnasio fóronche moi divertidos. Xogamos co paracaídas que é algo que nos fascina.
Deixamos un resumo fotográfico para que o vexades.


09/10/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA TEMOS:

J. BALVIN, WILLY WILLIAM: "MI GENTE"

05/10/17

Concerto de Susa Herrera

Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres no auditorio escoitando as divertidas cancións de Susa Herrera, que nos presentou o seu libro "En Cabárceno se sigue cantando".


02/10/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

PARA ESTA SEMANA DECIDIUSE:

MARÍA FUMAÇA: "ELENGA ELENGA DO SANDUCA"

26/09/17

Xogo arranxado!!

A pirámide de escalada do patio xa está a disposición de todos e todas. O xogo estivo pechado dúas semanas pola rotura da malla que daba acceso seguro á parte máis alta.
A solución veu grazas a colaboración coa ANPA. O equipo directivo desta  localizou entre as súas amizades un amable e experto mariñeiro, Albino, que arranxou a rede do xogo.
Moitas grazas Albino!! Moitas grazas Jose!!!


25/09/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA TOCOU:

PHARRELL WILLIAMS: "HAPPY"

22/09/17

Semana europea da mobilidade sostible

Ceip Quintela de Moaña 22 Setembro ·

 Hoxe, moitos nenos e nenas do cole viñeron camiñando para conmemorar o Día Mundial sen coches. Ademais ao longo desta semana fomos recibindo fotos das familias utilizando modos de desprazamento sostibles ou facendo camiñatas.
 As fotos están expostas na entrada do cole.
Grazas familias!

18/09/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA ESCOITAMOS:

ABBA: "DANCING QUEEN"

11/09/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

PARA COMEZAR O CURSO TEMOS:

AXEL: "CELEBRA LA VIDA"

09/09/17

Comedor escolar curso 2017-2018

Este curso que comenza o comedor escolar dispón de 68 prazas e 5 monitoras de comedor.

Haberá dúas quendas para xantar. A segunda quenda é para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

O comedor empeza ás 14:00 h. e a hora de recollida será entre as 15:15 e as 15:30 h., agas aquel alumnado que teña actividades pola tarde. Neste caso recolleránse ao rematar as actividades.

01/09/17

Plan Madruga

Este curso continúa en activo o Plan Madruga no noso cole.

O Plan Madruga ponno en marcha a Federación de ANPAS "Arco da vella" de Moaña, coa colaboración do Concello de Moaña.

O horario de recollida comenza ás 7 da mañán.

Podedes recoller as solicitudes na secretaría do noso centro.

13/07/17

Fondos libros

Rematado o prazo de alegacións ás listaxes provisionais, xa están publicadas no taboleiro de anuncios do colexio  as listaxes definitivas de alumnado con dereito aos Fondos de libros para o curso 2017/18.


05/07/17

Aviso

Aviso:
Dende hoxe, mércores 5 e xullo  podedes pasar a recoller na secretaría do centro os vales para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria) e os vales para adquirir material escolar ( de 1º a 6º de Primaria) en horario de 9 a 14 h.

03/07/17

Listado de libros de texto curso 2017-2018

1º DE PRIMARIA:

 Matemáticas: 
Matemáticas 1. Libro 1, 2 e 3. (Aula Activa). J. Fraile Martín. Vicens Vives ISBN:9788468220284. Edición en castelán.
 Inglés :
QUEST 1– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230478978 QUEST 1 – Activity book. Ed Macmillan 9780230477711

 2º DE PRIMARIA:
 Matemáticas: 
Matemáticas 2: 2.1,2.2,2.3. Aula activa. J. Fraile Martín. Vivens Vives. 978-84-682-2834-1 Edición en castelán.
 L. Castelá:
 Lengua 2 .Libro 1, 2 e 3 . Aula activa. Vivens Vives ISBN 978-84-682-2823-5.
 Inglés:
 QUEST 2– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230478985 QUEST 2 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230477728

 3º DE PRIMARIA: 
 Matemáticas:
 Matemáticas 3. Libro 1, 2 e 3. Aula activa J. Fraile Martín Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-2050-5 Edición en castelán.
 L.Castelá:
 Lengua 3. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-2052-9 .
 Ciencias Sociais:
 Sociais 3. Aula activa. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-2201-1 Edición en galego.
 Ciencias da natureza: 
Ciencias da natureza 3 Primaria. Proxecto Celme.SM ISBN: 978-84-9854-427-5 Edición en galego
  Inglés :
 QUEST 3– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477735 QUEST 3 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230478695

 4º DE PRIMARIA:
 L.Castelá :
Lengua 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives ISBN 978-84-682-2835-6 
Matemáticas:
 Matemáticas 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives ISBN 978-84-682-2881-5. Edición en castelán
 Ciencias Sociais :
 Sociais 4. Edición en galego Vicens Vives ISBN 978 84 682 2898 3
 Ciencias da natureza: 
Ciencias da Natureza 4º de Primaria. SM. Proxecto Celme ISBN 978-84-9854-528-9, Edición en galego
 Inglés :
 QUEST 4– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477742 QUEST 4 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230478701

 5º DE PRIMARIA:
 Matemáticas:
 Matemáticas 5. Libro 1, 2 e 3. Aula activa. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-1469-6 . Edición en castelán.
 L.Castelá:
 Lengua 5.Libro 1, 2e 3. Aula activa. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-1456-6 Edición en castelán.
 Ciencias Sociais:
 Sociais 5. Aula activa. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-1543-3 Edición en galego.
 Ciencias da natureza: 
Ciencias da natureza 5º Primaria. Proxecto Celme.SM ISBN: 978-84-9854-604-0. Edición en galego
 Inglés:
 QUEST 5– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477759 QUEST 5 – Activity book..Ed Macmillan. 9780230478718

 6º DE PRIMARIA:
 Matemáticas: 
 Matemáticas 6. Libro 1,2 e 3. Aula activa. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-1554-9 Edición en castelán.
 L.Castelá:
 Lengua 6. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives ISBN: 978-84-682-2805-1 Edición en castelán.
 Ciencias Sociais: 
 Sociais 6. Aula activa. Vicens Vives ISBN: 978-84-682-2852-5 Edición en galego.
 Ciencias da natureza: 
Ciencias da natureza 6º Primaria. Proxecto Celme.SM ISBN: 978-84-9854-531-9 Edición en galego
 Inglés : 
QUEST 6– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477766 QUEST 6 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230478725

18/06/17

UN TRABALLADO E MERECIDO 2º POSTO NA OLIMPÍADA

O cole quere dar os parabéns a todos os nenos e nenas polo seu esforzo, implicación e participación na XXXVII Olimpíada escolar. Nin o calor foi capaz de impedir que os nosos pequenos e pequenas desen o máximo de sí mesmos na realización das distintas probas.
O resultado deste esforzo foi un espléndido 2º posto!!! Non podemos estar máis orgullosos deles e delas!!!!!!
Tamén queremos dar os parabéns ao magnífico traballo da nosa ANPA, pola súa colaboración e o seu agasallo (unha carpa na que tiñan todo preparado para repartir dorsais, tiquets de merenda...).






16/06/17

Illas Cíes

Este é o vídeo da excursión as Illas Cíes que organizou a ANPA

15/06/17

Movémonos...en Ponte Sampaio

O xoves 15 todo o cole estivo de excursión en Ponte Sampaio (tan preto de nós e sen coñecelo). O alumnado de sexto, por ser os maiores levamos da man aos nenos e nenas de 1º ata onde eles ían descansar e nós seguimos o noso camiño con 4º e 5º ata a illa do Medal; onde tamén descansamos, xogamos e merendamos. O alumnado de 1º xa esperaba con ganas por nós porque gustáralles cando os acompañaramos á festa do Comicon.





14/06/17

Movémonos

Lembrades que participamos nun xogo europeo para fomentar os desprazamentos sostibles ( camiñando, en coches compartidos, en bici)?
Hoxe fixemos a última medición , un mes despois de participar no xogo.
A pesares de ter rematado o xogo, seguimos mellorando!!!

Antes de empezar o xogo, un 47% do alumnado desprazábase de xeito sostible para vir ao cole. Ao rematar o xogo, xa era un 66% por certo o que viña camiñando ou en coche compartido.
A medición de hoxe da un 71%.
Ben polas familias!!!
Pero o alumnado tamén merece un premio: este venres terán 15 minutos mais de recreo.

06/06/17

HORARIO DAS PROBAS DA OLIMPÍADA ESCOLAR 2017

Estimadas familias.
Como xa sabedes, o día 17 deste mes temos a Olimpíada escolar. Aquí deixamos o horario das diferentes probas para que o vaiades consultando, aínda que tamén enviaremos unha nota coa proba na que participa cada neno e nena e o horario da mesma.
O suliñado en cor rosa é para o alumnado de 6º de primaria.
O suliñado en cor verde é para o alumnado de 4º e 5º de primaria.
O suliñado en azul é para o alumnado de 2º e 3º de primaria.
O suliñado en vermello é para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.



01/06/17

ABRIMOS A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES

A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
VIDE DESCUBRIR OS CONTIDOS EN REALIDADE AUMENTADA QUE AGOCHA A EXPOSICIÓN. 
ESPERAMOS A VOSA VISITA!!!


HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.



Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.





28/05/17

Os vídeos do Festival das Letras

Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.

















As profes

No festival das Letras Galegas, mentras os pequenos de 3 anos actúan, as profes ....:

27/05/17

Código QR para descargar a aplicación Aurasma

A TRAVÉS DO SEGUINTE CÓDIGO QR, PODEMOS ACCEDER A TODA INFORMACIÓN SOBRE COMO DESCARGAR, INSTALAR E UTILIZAR A APLICACIÓN AURASMA PARA VISITAR A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.


26/05/17

EXPOSICIÓN CARLOS CASARES. LETRAS GALEGAS 2017

ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.

SE QUEREDES VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".

AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA DO CURSO PASADO PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID


Tamén vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 6º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva.


25/05/17

Rematamos o Festival das Letras Galegas 2017

Un ano máis celebramos con moita ilusión o Festival das Letras Galegas.
O profesorado do colexio queremos felicitar a todo o alumnado polo seu esforzo e polo ben que o fixeron.
Tamén queremos agradecerlles ás familias a axuda prestada para que todo saise ben.
Nos vindeiros días iremos enlazando nos blogs do cole os videos e fotos das actuacións.

19/05/17

Festival das Letras Galegas

Un ano máis celebraremos o festival das Letras Galegas no Auditorio de Quintela. Aquí deixamos as datas e os horarios para as familias.

17/05/17

Rematamos o xogo da serpe

O noso obxectivo con este xogo de ámbito europeo era acadar un 20% mais de viaxes sostibles ao colexio: camiñando, pedaleando, en coche compartido.
Casi o conseguimos! Na medición previa, un 47% do alumnado de Primaria viña ao cole andando ou en coche compartido. Ao longo das dúas semanas do xogo, acadamos de media un 66% de viaxes sostibles. Todo un éxito.
Non xogou a favor nosa nin o tempo ( días de chuvia) nin os cortes na PO 313, que empezaron a parchear o día que comenzamos o xogo, coa conseguinte desaparición dos pasos de peóns!

13/05/17

FLASHMOB NA INAUGURACIÓN DO COMICON MOAÑA 2017

Como xa sabedes, hoxe foi a inauguración do Comicon en Moaña. A presentación fixémola os cinco coles de primaria e os dous institutos do concello cun baile.
Deixámosvos o video para que vexades o ben que saíu todo.


O flashmob é un baile que se realiza nun lugar público, durante un breve espazo de tempo e cun número normalmente grande de persoas, neste caso nós realizarémolo os alumnos de As Barxas, Paralaia, Reibón, Seara, A Guía, Domaio e Quintela. Os participantes atópanse dispersos na zoa onde terá lugar o baile e, no momento no que comeza a soar a música, reúnense no centro para realizar a coreografía xa preparada anteriormente.

08/05/17

Comicon

Os vindeiro VENRES 12 E SÁBADO 13 DE MAIO no local enriba da praza de abastos vaise celebrar o COMICON, un evento organizado polo IES A Paralaia coa colaboración do IES As Barxas e cinco centros de Ed. Infantil e Primaria de Moaña, entre eles o CEIP de Quintela.
No COMICON , haberá gymkhanas, torneos, obradoiros, charlas de autores e autoras de cómic, manga e anime.
 Ademais haberá espazos delimitados para exposicións e un salón de lectura de cómics.
Para participar nestas actividades convén anotarse con antelación na páxina www.comicmoanha.com

Esta actividade está patrocinada polo Concello de Moaña, a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Educación e o Centro de Formación do Profesorado de Vigo.

04/05/17

Os maiores ensinan aos pequenos a ir pola rúa

Hoxe, o alumnado de 6º de Infantil, 5º de Infantil e 6º de Primaria baixaron camiñando ata a praza para facer un ensaio do baile que imos facer para a inauguración do Comicón o vindeiro venres.
Cada neno e nena de 6º de Primaria levaba a un par de nenos e nenas de infantil, un de cada man, para acompañalos no camiño de baixada e subida ao cole. Axudáronlles a baixar as escaleiras, a cruzar correctamente os pasos de peóns, a circular pola parte interior das beirarrúas... 
As mestras queremos darlles os parabéns polo ben que o fixeron!!!! Grazas maiores do cole!!!!!


Visita do IES Carlos Casares

Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística no curso pasado.
Realizaron actividades simultáneas e diferentes en todos os cursos: Contaron contos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes, xogaron ao trivial, fixeron quebracabezas xigantes, xogaron á oca...
Pasámolo moi ben, foi moi divertido .
Moitas grazasa todos os alumnos e alumnas, e tamén ás súas profes !!!!




2º día do xogo

No 2º día do proxecto, seguimos avanzando na serpe. Quen gañará? O alumnado de sexto pode acodir en bici, sempre que as familias o autoricen. Hoxe tivemos os primeiros ciclistas!




03/05/17

1º día do xogo

No primeiro día do xogo da serpe, xa hai catro clases que conseguiron o seu obxectivo do 20%. Pero quedan moitos días por díante. A ver que consigue gañar!


25/04/17

A BANDA DESEÑADA DECORA O COLE

Estos días, estamos a expoñer nas entradas do cole, o traballo que están facendo os nenos e nenas en relación coa banda deseñada. Están moi chulos!!



23/04/17

Que rica froita!

No proxecto educativo do centro figura o desenvolvemento de hábitos de vida saudables. Con este obxectivo desenvolvemos o proxecto “Que rica froita”.Este luns empeza a primeira das dúas semana nas que distribuiremos no recreo froita para merendar.

Mañá toca fresas!

10/04/17

O club de Taekwondo HEBE ven visitarnos

O venres antes das vacacións, tivemos no cole a Jaco, un dos profes de Taekwondo do ximnasio HEBE. Viu ensinarnos moitas cousas sobre este deporte e, a verdade, e que o pasamos moi ben e aprendemos moitísimo.
Ao final, Ángela e Claudia, da aula de 5º curso, fixéronnos unha demostración práctica. Parabéns a elas e a todo o alumnado, que o fixo moi ben!!!


06/04/17

Listaxes provisionais de alumnado Admisión curso 2017/2018

Publicamos a listaxe de alumnado admitido para o curso 2017/2018.

Recordamos que o alumnado que cursa estudos actualmente no centro, e o alumnado procedente da Escola de Educación Infantil O Con que fixo reserva para 1º de primaria ten asignada xa praza, polo que non figuran nas listaxes provisionais.

O curso de 4º de Educación Infantil ten mais solicitudes que prazas. Publicamos a listaxe provisional.A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de maio. De non presentarse reclamacións, estarían admitidos os 25 primeiros.

O prazo de formalización de matrícula para o alumnado admitido é entre o 20 e o 30 de xuño.